Localizada a xove de San Amaro que estaba desaparecida dende o martes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Patricia H.S., unha xove de San Amaro, de 29 anos, que estaba a ser buscada dende a súa desaparición o pasado martes, foi finalmente localizada, según informaron persoas da súa contorna.

Según as mesmas fontes, esta veciña foi atopada nun monte de Ribadavia, grazas á mobilización dun dispositvio de busca no que participaron efectivos do GES, Garda Civil e Policía Local deste mesmo municipio. A xove foi trasladada de xeito inmediato ao Centro de Saúde de Ribadavia para facerlle un recoñecemento médico.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Nacional de Persoas Desaparecidas (CNPD) do Ministerio do Interior solicitara axuda urxente para a localización da xove, que fora vista por última vez o pasado martes, 21 de outubro, no municipio de San Amaro. Tratábase de Patricia H.S., de 29 anos de idade e 1,50 metros de estatura, cos ollos negros e o pelo largo, liso e negro. A razón da urxencia da busca desta persoa era que precisa tomar medicación con asiduidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------