Rebeca Paz Vázquez, concelleira e voceira do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Leiro, vén de presentar unha moción na que solicita a posta en marcha de “Tardes no Cole”, un programa de actividades extraescolares para o estudantado do colexio público Emilia Pardo Bazán que sería financiado pola Xunta e a Deputación Provincial.
Este plan daría resposta ao problema da conciliación para as familias de Leiro e contaría coa colaboración da ANPA do centro de ensino e as familias do cativos, que ata o de agora son os que soportan o elevado gasto deste tipo de actividades, e por este motivo nalgún caso as nais e os pais non poden ter acceso a elas.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Dende o BNG subliñan que “os beneficios educativos e sociales destas actividades non só cobren unha necesidade de atención, senón que fomentan a aprendizaxe, a convivencia, o desenvolvemento de habilidades e a prevención de situacións de risco ou exclusión social, ademais de igualar as posibilidades dos cativos do rural á dos de concellos máis grandes ou das cidades”.
Entenden que son”os concellos os que teñen a responsabilidade de apoiar ás familias neste ámbito e promover políticas que garantan a igualdade de oportunidades para todas as nenas e nenos no acceso á educación. Neste snetido, propoñen que o servizo sexa gratuíto ou cunha bonificación suficiente para que non supoña un sobrecusto para as familias.