Luis Menor reinvindica en Bande a lingua galega como “raíz e futuro de Galicia”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente participou no acto conmemorativo do Día da Recuperación da Memoria Lingüística, “un compromiso coa nosa maneira de entender o mundo a través da palabra”

Bande, 8 de novembro de 2025.

Bande acolleu hoxe un acto para conmemorar o Día da Recuperación da Memoria Lingüística. Nesta acción, organizada pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, participou o presidente provincial, Luis Menor, quen destacou que “a nosa lingua non é só o que fomos, é tamén o que queremos seguir sendo; o galego é herdanza, pero sobre todo é esperanza”.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación subliñou que a defensa do galego “é un compromiso que une, non que divide, porque é patrimonio común e símbolo de identidade e de unión”. Salientou tamén o papel de Ourense como “terra de galeguismo cordial e verdadeiro”, e o labor dos concellos, “primeira liña na defensa da nosa lingua, alí onde hai un alcalde comprometido, hai galego vivo”.

Durante o acto, a Deputación rendeu homenaxe ás persoas e entidades que, con humildade e constancia, manteñen viva a lingua galega no día a día. Neste senso, Menor reiterou o apoio da institución provincial “a todos os proxectos que fagan do galego unha lingua útil, moderna e presente en todos os espazos”.

O presidente concluíu facendo un chamamento á responsabilidade colectiva: “Defender o galego é asegurar que os nosos fillos tamén poidan dicir nós con orgullo. O Día da Memoria Lingüística é, sobre todo, un compromiso con Galicia, con Ourense e coa nosa maneira de entender o mundo a través da palabra”.–

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------