Bases e convocatoria do Concurso de decoración de Nadal 2025 no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Publicado bo BOP: EXTRACTO DAS BASES E CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL 2025

Extracto das bases e convocatoria do Concurso de decoración de Nadal 2025

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocato-ria/864065)


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


  1. Obxecto

O Concello do Carballiño convoca o Concurso de decoración de Nadal 2025 que ten como final-idade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros para atraer os seus clientes.

  • Participantes

Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio, sen lim-itación de número de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou titular.

  • Inscrición e prazo

A inscrición formalizarase por escrito presentando a documentación na sede electrónica do Con-cello do Carballiño (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal desde o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata as 12.00 horas do día 12 de decembro de 2025.

  • Crédito orzamentario

O importe total asignado no Orzamento municipal a esta finalidade ascende á 900 euros con cargo á aplicación orzamentaria 3341148000, Transferencias correntes de 2025.

Establécense os seguintes premios: 1º comercio

  • 1º Premio: 200 €
    • 2º Premio: 150 €
    • 3º Premio: 100 € 2º hostalaría
    • 1º Premio: 200 €
    • 2º Premio: 150 €
    • 3º Premio: 100 €
  • Procedemento de concesión

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. A decisión do xurado ele-varase ao órgano competente para aprobalo.

A dita decisión será inapelable e farase pública entregando os premio aos beneficiarios nos lo-cais comerciais.

O Carballiño, 23 de outubro de 2025. O alcalde. Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------