O Concello de Castrelo de Miño mellora os accesos, as redes de saneamento, abastecemento e pluviais en Traveso cun investimento de preto de 90.000 euros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Castrelo de Miño vén de finalizar as obras de renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais no núcleo de Traveso, ademáis do vial que da acceso ao depósito de auga potable e comunica dous barrios da aldea.

As actuacións, cun investimento próximo aos 90.000 euros, foron financiadas ao 100% pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, e enmárcanse no Plan de Mellora de Viais Municipais e no Plan de Mellora das Redes de Abastecemento e Saneamento promovidos polo Concello.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O proxecto incluíu a substitución e modernización das canalizacións e tubaxes co obxectivo de evitar vertidos, minimizar as perdas de auga potable e mellorar a eficiencia das redes municipais. Ademais, leváronse a cabo traballos de mellora e embelecemento dos accesos e do contorno do campo da festa, da capela e do centro social de Traveso, contribuíndo á posta en valor deste espazo público de gran relevancia para a veciñanza.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, salientou que “estas actuacións son un exemplo do compromiso do Concello coa conservación do medio ambiente e coa mellora dos servizos básicos, fundamentais para ofrecer unha mellor calidade de vida á nosa veciñanza e favorecer o asentamento de poboación no rural”.

Con esta intervención, o Concello continúa avanzando na súa estratexia de mellora progresiva das infraestruturas municipais, chegando a todos os recunchos do municipio e garantindo servizos de calidade e igualdade de oportunidades para todos os veciños e veciñas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------