----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de San Cristovo de Cea considera que os orzamentos do Concello para o ano 2026 (2.190.000 euros) son “idénticos aos do ano precedente”, e que “non introducen novidade algunha para afrontar a situación en rampla descendente pola que transcorre este concello desde fai moito tempo”.

O BNG lembra que non foi invitado a participar na elaboración do orzamento, impoñendo o PP a súa maioría tanto na comisión de contas como no pleno, reducindo así a cuestión a un “lo tomas o lo dejas”. Para o grupo nacionalista son totalmente continuistas, orientados a manter a macroestrutura municipal que lle facilite ao goberno o control político-social e económico do concello, que segue sendo a macroempresa (… e case a única que vai quedando). O BNG engade que “seguen gastando cartos na depuradora sen solucionar o problema, investindo no polígono sen crear postos de traballo nin recadar. Miran para outro lado na recuperación do rural e na mellora dos servizos. Non consideran facilitar o transporte público colectivo nin actividade algunha de tipo cultural máis aló do folclórico ou gastronómico”.

Os nacionalistas non se sorprenden de que “xa de entrada se contemple no orzamento máis dun 53% para gastos de persoal fixo e contratado, prevendo 45 postos de traballo para atender ás 2000 persoas que quedan, a grande maioría con máis de 65 anos. Esto contrasta con ese 10% que dedican a inversións reais”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Mais, unha das razóns fundamentais para o rexeitamento do grupo nacionalista é que consideran os orzamentos non equitativos e discriminantes, favorecendo sempre ás mesmas zonas en prexuízo das restantes, gastando todo a criterio de grupo gobernante. Outro punto que o BNG considerou de interese xeral “foi a aprobación dun Regulamento para o Abastecemento de Augas, que obtivo só os votos do PP”, xa que, entenden “que primeiro haberá que establecer a que augas se refiren, posto que en Cea os distintos núcleos posúen distintos sistemas que van desde: un pozo artesán único, captacións ordinarias e independentes para diversos lugares, combinación de ambos sistemas pozo-captación noutros, ata as liñas de abastecemento de Cea e entorna que se nutre de captacións, varios pozos artesáns e bombeo do Silvaboa, sendo neste área na única que polo de agora os veciños viñan abonando unha taxa. Tal realidade dificulta un tratamento igualitario para os distintos núcleos, polo menos así de súpeto”.

O BNG votou en contra deste regulamento por considerar que é imposible, tal como está a situación, “garantir un subministro igualitario, cobrar a todos por igual ou obrigar a todo o concello a que instale contadores intelixentes xa, despois de haber fomentado tantos anos que ‘as augas son dos veciños’. Efectuar a concesión a unha empresa só serviría para que o concello esquive a súa responsabilidade e poda redirixir aos veciñas á empresa para resolver os problemas”.

A actualización da Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas para Vados e demais condicións foi aprobada só cos votos do PP. Algúns rogos e preguntas dos concelleiros nacionalistas sobre a pista Viduedo_Mandrás, a pista Confurco-Vilanfesta ou a destruida fonte de Fondo de Cea, pecharon as intervencións na sesión plenaria da Corporación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------