Bronce para “Doce Bágoa”, a mel de Terras de Boborás elaborada por Johnny Trigás Rodríguez

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Boborás ten a honra de informar que a mel “Doce Bágoa”, elaborada por Johnny Trigás Rodríguez, acadou o Premio de Bronce na categoría de Mel de Artesanía Alimentaria na XXIV Cata dos Meles de Galicia 2025.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este importante recoñecemento, outorgado nun dos certames máis prestixiosos do sector, pon en valor:

  • O traballo, a dedicación e o coidado das nosas apicultoras e apicultores.
  • O compromiso co territorio e a súa conservación.
  • A calidade excepcional dos produtos que nacen nas Terras de Boborás.

Desde o Concello de Boborás trasladan a máis sincera noraboa a Johnny Trigás por este logro tan merecido. Un novo éxito que volve situar ao municipio como unha terra de sabor, tradición e excelencia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Parabéns, Johnny

Seguimos profundamente orgullosos do talento, o esforzo e a paixón da nosa xente

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------