COMUNICADO DO CONCELLO DE BOBORÁS:
Recoñecemento ben merecido para Feás de Boborás!
Dende o Concello de Boborás queremos trasladar os nosos parabéns á familia Janeiro Labandeira polo seu excelente resultado na edición 2025 do concurso Meles Cinco Estrelas, organizado pola Asociación Galega de Apicultura.

Este ano, o mel de Feás de Boborás destacou por partida dobre:
2º posto – “O Foxo”, de Gerardo Janeiro Labandeira, na categoría de mel multifloral.
3º posto – “A Paradela”, de Áurea Labandeira Salceda, tamén en mel multifloral.


Dúas distincións que poñen en valor o esforzo, a dedicación e a tradición apícola desta familia, e que reafirman a calidade dos produtos elaborados no noso territorio.
Na imaxe vemos a Gerardo acompañado do seu fillo Julián, compartindo un momento que simboliza o orgullo de toda a nosa veciñanza.
Parabéns de novo, Gerardo, Áurea e familia!
Feás de Boborás continúa sendo un referente de bo facer, compromiso e calidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















