O dúo Ana López-Roi Freixedo gaña a prata en tiro para a selección galega no Campionato de Equipos de Granada

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xove deportista Roi Freixedo González, do Irixo, conqueríu hoxe en Granada unha nova distinción no Campionato de Tiro de Equipos Mixtos na modalidade de pistola 10 metros, ao gañar xunto a súa compañeira Ana López Gallego, de Sarria (Lugo), a medalla de prata para a Selección Galega. Esta competición está clasificada como modalidade olímpica da categoría absoluta.

Asemade, Roi González viña de clasificarse onte na terceira praza no Campionato de España de pistola 10 metros na súa categoría de junior, acadando finalmente o sexto posto, o que lle permite seguir a sumar puntos para o ranking nacional e seguir reducindo distancias.

Ao respecto, cabe lembrar que, a falta da publicación definitiva, o tirador do Irixo remata a tempada no cuarto posto da clasificación junior nacional, ademais de converterse no terceiro galego na categoría absoluta.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------