O ‘VII Torneo Solidario de Nadal’ de Terras de Maside reuníu a 170 xogadores no campo de Outeiro Grande

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un total de cinco clubs das provincias de Ourense e Pontevedra participaron onte, domingo, na sétima edición do ‘Torneo Solidario de Nadal’ que organizan as Escolas Deportivas de Maside en favor de Aspadisi, a asociación de discapacitados psíquicos do Carballiño-Ribeiro.

A competición de fútbol tivo lugar no campo municipal de Outeiro Grande de Maside e enfrontou a equipos destas dúas comarcas, Club Deportivo Cea, ED Maside (club organizador) e Ribadavia Atlético, con outros dous conxuntos da comarca do Deza procedentes das escolas de fútbol de Lalín e Silleda, facendo un total de 170 xogadores neste torneo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O torneo contou cun espectador de excepción, o presidente da Deputación Provinical de Ourense, Luis Menor, que estivo acompañado polo alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, e que salientou “o espírito solidario” desta actividade, “un valor fundamental que nos ten que acompañar sempre na vida” e que, neste caso, está vencellado as valores de esforzo e compañeirismo que supón o deporte.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha solidariedade que se plasmou na venda de rifas polos integrantes de Aspadisi, ademais da entrega, por parte dos clubes participantes, de alkimentos non perecedoiros para a súa donación posterior á agrupación de Cáritas da parroquia de San Vitorio de Maside.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------