A localidade de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea, vén de ser incorporada coma un dos “pobos máis bonitos de España” pola Asociación Los Pueblos Más Bonitos de España, na asamblea que esta entidade celebrou o pasado 29 de novembro. Nesta XIII Asemblea Nacional, que tivo lugar na vila de Santillana del Mar (Cantabria), reunirónse os representantes dos municipios que forman parte desta prestixiosa rede. Durante a sesión, deuse a coñecer unha das noticias máis esperadas: os catro novos pobos que pasarán a integrarse na asociación a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2026, entre eles Oseira.
A comisión de calidade, encargada de avaliar minuciosamente as candidaturas que recibe a asociación ao longo do ano e de realizar visitas técnicas aos pobos que xa pertencen á rede para verificar que seguen cumprindo os estándares esixidos, ha resolvido favorablemente a incorporación de catro localidades. Así mesmo, acordou a incoación dun expediente de expulsión a un dos pobos actualmente na rede, conforme aos procedementos internos e aos criterios de calidade que rexen a asociación.
Deste xeito, as novas incorporacións son: Alpuente (Valencia), Oseira (Ourense), Santa Gadea del Cid (Burgos) e Vilanova dos Infantes (Ourense), localidades que destacan pola súa riqueza patrimonial, a súa autenticidade e o seu compromiso coa conservación do seu legado histórico. A comisión salientou que Oseira “é coñecida por albergar o Mosteiro de Santa María, un dos grandes referentes do Císter en España. Este conxunto monumental, construído entre os séculos XII e XVI, impresiona pola súa sobriedade arquitectónica e a súa relevancia histórica. O pequeno núcleo que o rodea intégrase nunha serena paisaxe de montaña, conformando un destino onde espiritualidade e beleza natural danse a man”.
A Asociación Os Pobos máis Bonitos de España, que xa conta con 122 localidades únicas, nace da convicción e necesidade de poñer en coñecemento de todo o mundo os marabillosos pobos que salpican a xeografía española. O obxectivo é promocionar os pequenos municipios, preferentemente rurais, agrupados baixo una mesma marca de calidade, a través das accións de promoción e eventos culturais que a asociación emprende tanto dentro como fóra de España. Esta rede engloba lugares de gran beleza e personalidade que destilan historia e cultura á vez, vilas marcadas pola tradición que o viaxeiro poderá gozar ao percorrer os seus camiños e mesturarse cos aldeáns.
A marca Os Pobos máis Bonitos de España é un referente de prestixio e calidade a nivel nacional e internacional. A iniciativa está baseada no modelo francés Lles Plus Beaux Villages de France e a rede española forma parte da Federación dos Pobos máis Bonitos do Mundo, con redes en Francia, Italia, Bélxica e Xapón. Outros países están a crear novas asociacións tales como Rusia, Alemaña, Liechtenstein, O Líbano, Suíza e Portugal. A Asociación creouse en España no ano 2010 e presentouse tres anos máis tarde cunha rede de 14 pobos. Progresivamente, a lista foi aumentando ata as 122 localidades actuais.









