Data: 5 de xaneiro de 2026
Horario de inicio: 10:00 horas
Punto de saída: Inicio do percorrido
Este 5 de xaneiro, Avión recibirá con alegría e ilusión a visita dos Reis Magos de Oriente, que percorrerán as rúas do concello para levar a súa maxia e caramelos a toda a veciñanza.
Itinerario da visita:
- Xeriátrico
- Gardería
- Campamento de Nadal
- Comercio local
- Casa do Concello (chegada prevista ás 12:00 horas)
Durante o percorrido, haberá música e distribución de caramelos , nun ambiente festivo pensado para disfrute de nenos e adultos.
O Concello de Avión anima a todos os veciños e veciñas a sumarse a este día tan especial e acompañar aos Reis Magos na súa visita.
Unha mañá chea de ilusión, pensada para compartir en familia e comunidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









