O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse coa directiva do foro, encabezada polo seu presidente, José Luis Lejido Soto, e o coordinador xeral, José Ángel Vázquez Barquero
Menor puxo énfase na importancia desta colaboración, xusto no día no que se abre o prazo de presentación de solicitudes para o programa de Termalismo Social 2026, que espera superar as cifras do pasado ano con máis de 2.200 persoas beneficiarias al mes
Barquero destacou a importancia da colaboración da Deputación na edición dun libro que abordará o termalismo na cidade de Ourense
Ourense, 7 de xaneiro de 2026.
A Deputación de Ourense colaborará co foro Ágora Termal na publicación dun libro en homenaxe ao doutor Luis Rodríguez Míguez, considerado como o “pai do termalismo contemporáneo”. Así o anunciou o presidente provincial, Luis Menor, trala reunión que mantivo coa directiva do foro Ágora Termal, encabezada polo seu presidente, José Luis Lejido Soto, e o coordinador xeral, José Ángel Vázquez Barquero.
Luis Menor felicitou aos representantes deste foro por un traballo que “impulsa e promociona o principal factor diferencial da provincia de Ourense e no que tanto cremos desde a Deputación”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O presidente puxo énfase na importancia desta colaboración, xusto no día no que se abre o prazo de presentación de solicitudes para o programa de Termalismo Social 2026, que espera superar as cifras do pasado ano con máis de 2.200 persoas beneficiarias ao mes, “o que supón un importante pulo á dinamización económica da provincia, así como tamén á divulgación do potencial termal ourensán”.
Vázquez Barquero destacou pola súa parte a importancia da colaboración da Deputación na edición do mencionado libro, cando vanse cumprir dez anos do pasamento do doutor Rodríguez Míguez, volume que abordará o termalismo na cidade de Ourense, destacando ademais o apoio á actividade do foro Ágora Termal, unha iniciativa cun ano de traxectoria e que ten por obxectivo contribuír ao desenvolvemento do termalismo e o aproveitamento dos recursos xeotérmicos.–
















