Desenvolveu unha concentración o luns para reclamar a readmisión dunha afiliada despedida tras sete anos na empresa de alimentación
Xinzo de Limia, 7 de xaneiro de 2026.
A CIG-Servizos de Ourense mobilizouse o pasado luns día 5 diante do Mercadona de Xinzo de Limia contra a represión sindical na empresa de alimentación, para reclamar a readmisión dunha traballadora afiliada do sindicato despedida tras sete anos na compañía Con esta mobilización e para esixir o fin das prácticas represivas e o respecto pleno aos dereitos laborais e sindicais.
Dende a central sindical denuncian unha vez máis a “persecución sistemática” contra persoas afiliadas e contra a propia representación legal das traballadoras, “unha práctica que a empresa vén desenvolvendo desde que, por vez primeira, a CIG conseguiu presentar candidatura e obter seis representantes dun total de 13 no proceso de eleccións sindicais do ano 2022”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
En consecuencia, presentáronse diversas demandas xudiciais contra as actuacións da empresa que foron atendidas en reiteradas ocasións polos xulgados, “que lle a razón á central sindical por vulneración de dereitos fundamentais, deixando constancia da existencia de prácticas antisindicais”.
Diante disto, a CIG amosa a súa disposición a continuar velando polos intereses da clase traballadora, “denunciando todos os abusos e a represión sindical exercida por Mercadona, e activando todos os mecanismos sindicais, xurídicos e de mobilización necesarios para que a empresa cese neste tipo de actuacións e responda polas graves vulneracións de dereitos que está a cometer”.

















