Cine Club ofrece este venres no Auditorio do Carballiño a proxección da película francesa “Tres amigas”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño proxecta este vindeiro venres, 16 de xaneiro, no Auditorio Manuel María, a película francesa “Tres amigas”, de Emmanuel Mouret, que estivo nominada á mellor película nos Festivais de Venecia e de Xixón. É un drama de enredos amorosos con moito sentido do humos e unha magnífica estrutura narrativa acompañada duns magníficos diálogos.

Joan xa non está namorada de Victor e sofre por non estar sendo honesta con el. Alice, a súa mellor amiga, tranquilízaa asegurándolle que ela mesma non sente paixón por a súa parella, Eric, e porén a relación vai vento en popa. Ela ignora que el ten unha aventura con Raquel, a amiga común da dúas. Cando Joan decide deixar definitivamente a Victor e este desaparece, as vidas e as historias das tres amigas dan un xiro.

O filme lembra ao cinema do Woody Allen dos mellores tempos. Os pases serán coma sempre ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------