OFERTA DE EMPREGO – SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF)
A Mancomunidade de Concellos do Carballiño busca unha persoa para cubrir unha baixa no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en xornada completa, para prestar servizo no municipio de Boborás.
🔹 Incorporación: inmediata
🔹 Duración: mentres dure a baixa
🔹 Posibilidade de continuidade, dadas as características do posto e a alta demanda do servizo, podendo enlazar con outras substitucións
Requisitos:
– Certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou formación equivalente
– Experiencia previa no SAF (valorable)
– Carné de conducir e vehículo propio
As persoas interesadas poden chamar ao 988 40 20 08 e preguntar pola traballadora social.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









