As fortes precipitacións elevan o caudal e o nivel do río Avia en Leiro e Ribadavia, en estado de alerta laranxa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://www.facebook.com/share/v/1KEQEWQFAL

O temporal de precipitacións continuadas nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro están a ter como consecuencia un incremento dos niveis e caudais nos ríos Arenteiro e Avia ao seu paso polo Carballiño, no primeiro caso, e Leiro e Ribadavia, no segundo. A situación é crítica na vila ribadaviense, nun estado de alerta laranxa, e cunha prealerta por posibles avenidas pola laminación de auga do encoro de Albarellos, que, na actualidade garda no seu interior 71 dos 90,70 hectómetros cúbicos da súa capacidade total, un 78,75% de porcentaxe.

Elo motivou ao Servizo Municipal de Emerxencias de Ribadavia a pedir precaución á veciñanza e a toma de medidas de prevención, consistentes en sinalización e valados das zonas máis conflictivas, coma é o caso da contorna da área recreativa da Veronza, practicamente cuberta polo río Avia, cun nivel de 4.50 metros por riba do habitual, tal e como nos comenta Julio Puentes, responsable do GES ribadaviense.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O desbordamento do Avia tamén se fai evidente ao seu paso pola localidade de Leiro, cun nivel superior aos 3,25 metros, de xeito que as súas augas fan invisible a coñecida como Ponte das Poldras, que une o casco urbano coa área recreativa de O Salgueiral.

A situación é un pouco menos complicada na vila do Arenteiro, onde o río creceu ata os 3 metros por riba do nivel normal, aínda que sen producir asolagamentos ao seu paso polo Carballiño. Sen embargo, os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias sí tiveron que intervir para a retirada de árbores caídas polo vento nalgunhas estradas e pistas do municipio, según manifestou José Antonio Lamas, un dos integrantes deste servizo.

As previsións da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil apuntan para hoxe e mañá precipitacións de 60 mm por hora que chegarían aos 120 mm nun prazo de 12 horas, polo que se extreman as medidas de prevención e alerta cara a cidadanía.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------