A provincia de Ourense segue en situación de estado de alerta de emerxencia climática, en concreto alerta amarela por chuvias, o que ten ocasionado un aumento dos niveis dos caudais dos ríos provocando zonas de inundacións que afectan á conservación de estradas provinciais. Hai catro concas que poden afectar as vías da rede provincial da Deputación.
· Conca do Avia, afectando á estrada OU-0305 Ribadavia-A Arnoia (OU-402), con inundacións entre os Pk 0+500 ó 0+800, en concreto esta estrada estivo pechada esta mesma noite entre as 00:00 e as 7:30.
· Conca do Limia, afectando ás estradas OU-1104 Vila de Rei-Vilar de Barrio, con inundacións en Escornabois; OU-1114 Vilar de Santos (OU-320)–Ponte Liñares (OU-301), na súa totalidade; OU-1115 Santa Baia (OU-1114) –Barracel, na travesía de Rairiz, OU-1107 Xinzo (OU-320) – Cualedro, en Rebordechá.
· Conca do río Tamega, con afección ás estradas OU-1010 Oimbra-Rabal (N-532) e inundacións en Rabal e OU-1011 Verín (N-532)-Oímbra, entre os PK 2+000 ó 3+190.
· Conca do Miño, dende a presa de Velle ata A Peroxa. Este tramo estivo en nivel vermello o pasado día 9, afectando directamente áa estrada OU-0504 A Casilla-Barra de Miño, no seus tres primeiros quilómetros, por coincidir paralelamente o trazado da vía co río Miño.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Debido aos últimos avisos recibidos hoxe mesmo desde o 112, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e as empresas concesionarias das explotación das presas da provincia de Ourense, prevese un aumento significativo dos caudais o que implicará, con toda probabilidade, o asolagamento dos tramos das estradas anteriormente sinaladas.
No derradeiro mes, debido as incesantes chuvias, as actuacións que mais se teñen repetido son: desatranco dos canos e taxeas e a limpeza de foxos para facilitar a evacuación das augas.
Coas chuvias ven a saturación dos terreos de auga e a subida dos niveis freáticos, o que provoca que as incidencias máis numerosas nesta ultima semana e nas próximas sexan o derrube de taludes e muros e a formación de fochancas no firme.
As reparacións do firme, nesta época, pola chuvia e pola temperatura, só pode realizarse dunha forma temporal e preventiva para evitar posibles accidentes.
As estradas provinciais máis afectadas pola existencia de fochancas recorrentes polos efectos das augas son:
· OU-0527 Sobreira (N-525) – San Martiño (OU-201)
· OU-0209 Celanova (OU-531) – Quintela de Leirado (OU-0210)
· OU-0357 Corcores – Rubillón
· OU-0415 Brues (N-541) – Portela da Cruz (PO-235)
· OU-0514 Vial principal do Poligono de San Cibrao (OU-105)
· OU-0604 Vilariño frío (OU-536) – Parada do Sil (OU-0508)
· OU-0703 Trives (OU-536) – ChandrexaOU-0704 Ramal a Cabeza de Manzaneda (OU-0703)
· OU-1117 Xinzo( N-525) – Vilar de Barrio (OU-1102)
Ante a situación climatolóxica adversa e as incidencias que se poden rexistrar en todo tipo de estradas, desde a Deputación de Ourense recoméndase circular cona máxima precaución.
















