Un microbús escolar choca coa capela de San Roque de Pazos de Arenteiro tras esquivar a un animal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Boborás informa de que na mañá de hoxe tivo lugar un accidente no lugar de Pazos de Arenteiro, concretamente na zona da Vila, no que se viu implicado un vehículo de transporte escolar, que impactou contra a capela de San Roque. No momento do suceso, no autobús viaxaban unicamente a condutora, non levando ningún menor a bordo.

Segundo as primeiras informacións, a conductora sufríu un shock derivado do incidente e presentaba un cadro de ansiedade, polo que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (CHUO) de Ourense.

Ata o lugar do accidente desprazáronse de inmediato os servizos de emerxencia, incluíndo efectivos do 112, bombeiros, dúas patrullas da Garda Civil e dúas ambulancias, que atenderon a situación e avaliando os danos ocasionados.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Según apuntan fontes achegadas ao Concello, o sinistro producíuse no intre en que a condutora tentou esquivar un animal que se cruzou por diante do vehículo escolar, impactando este contra a capela de San Roque.

O microbús sufríu danos na súa parte dianteira, afectando á transmisión, polo que non pude ser acendido de novo e a vía pola que circulaba estivo cortada ao tráfico ata que foi retirado por un guindastre.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------