- Os socialistas presentan alegacións ao orzamento ante a negativa do Alcalde a explicar as funcións de tres concelleiros con dedicacións parciais.
- Denuncian o pagamento retroactivo desde 2023 sen que exista documentación que acredite o traballo realizado.
Leiro, 7 de marzo de 2026. – O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Leiro rexistrou hoxe un escrito de alegacións ao proxecto de Orzamento de 2026 para denunciar unha partida de máis de 112.458 euros destinada a tres dedicacións parciais do grupo de goberno. Os socialistas cualifican o gasto de “desorbitado, inmoral e carente de ética” nun municipio de apenas 1.500 habitantes.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A formación denuncia a “opacidade” do rexedor, quen no último pleno se negou a presentar as memorias de actividades e obxectivos destes concelleiros dende o inicio do mandato (xuño de 2023), alegando que “non ía perder o tempo facendo memorias para a oposición”.
As alegacións tamén apuntan a unha “posible irregularidade contable” ao pretender aboar con carácter retroactivo dende 2023 as cotas da Seguridade Social da área de Cultura e Obras, sen que exista soporte documental que acredite as horas e tarefas realizadas.
“Non se pode pedir aos veciños que paguen 28.000 euros anuais por cargos con presenza efectiva nula e funcións misteriosas. Esiximos que ese diñeiro se destine a servizos para a xente e non a manter unha estrutura política que se nega a render contas”, conclúen os socialistas, que non descartan pedir a intervención do Consello de Contas.









