O colectivo de pescadores do couto do río Viñao vén de estrear a súa sede social, que se ubica na antiga escola da localidade da Almuzara, que foi obxecto de obras de acondicionamento por parte do Concello de Boborás para a súa cesión á entidade deportiva.
Así foi como celebraron un acto de inauguración, no que participaron, ademais de Herminio Fernández, presidente da Sociedade de Pesca Río Viñao, acompañado por un grupo de directivos e socios da entidade, a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o exalcalde deste municipio, Cipriano Caamaño, que no seu día dera o seus primeiros pasos para a reforma do inmoble. Disculpouse a ausencia, por motivos persoais, da alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama, que tamén estaba convidada a este evento.

Tra-la bendición das instalacións por parte do cura párroco de Forcarei, e os discursos de rigor, os asistentes xuntáronse ao redor dunha mesa para confraternizar e degustar uns petiscos preparados para a ocasión.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A entidade fluvial xestiona o couto do río Viñao, que comprende un total de 9 quilómetros nos concellos do Irixo e Boborás, e na actualidade conta cun total de 160 socios.









