Cine Club proxecta este venres a película “Ciudad sin sueño” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A programación de Cine Club Carballiño continúa este vindeiro venres, 13 de marzo, cunha das grandes sorpresas do ano, a película española “Ciudad sin sueño”, de Guillermo Galoe, que gañou o premio á mellor película no Festival de Doha e un Goya ao mellor actor revelación, Antonio Fernández Gabarre.

O filme conta a historia de Toni, un rapaz de 15 anos e da etnia xitana, que vive no asentamento irregular máis grande de Europa, nas aforas de Madrid. Orgulloso de pertencer a unha familia de chatarreiros, segue ao seu avó a todas partes. Pero os derrubes vanse acercando á súa parcela e o seu avó négase a marchase, sexa cal sexa o sacrificio. En escuras noites, sen electricidade, mentres as lendas da súa infancia cobran vida, Toni debe elixir entre enfrontarse a un futuro incerto ou aferrarse a un mundo que se desvanece. Un cine social exento de sermones que se convirte nun retrato realista e ao mesmo tempo poético da vida na Cañada Real.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os pases da película serán ás 20,00 e 22,30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------