A programación inclúe o IV Roteiro Cabalar e unha proba da liga Interclubs de Doma Clásica
San Amaro, 11 de marzo de 2026 – O Concello de San Amaro celebrará esta fin de semana dúas actividades vinculadas ao mundo ecuestre, co obxectivo de promover o deporte, a convivencia e a posta en valor dos espazos naturais e patrimoniais do municipio.
Roteiro Cabalar (sábado 14)

A programación comezará o sábado coa IV edición do Roteiro Cabalar do Concello de San Amaro. Os participantes percorrerán a cabalo diferentes puntos emblemáticos do municipio, como a Escola de Equitación, o mosteiro budista e o castro de San Cibrao de Las.
- Saída: 15:30 horas desde o Campo dá Feira de San Amaro
- Cea popular: 22:00 horas no Campo dá Feira (aberta a veciños e visitantes)
- Ambiente festivo: A partir das 23:00 horas con discoteca móbil



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Liga Interclubs de Doma Clásica (domingo 15)

O domingo terá lugar unha nova proba da Liga Interclubs de Doma Clásica de Galicia na Escola de Equitación de O Picouto. É a segunda ocasión que San Amaro acolle esta competición, con participación de numerosos nenos e nenas afeccionados ao mundo do cabalo.
- Horario: De 10:00 a 14:00 horas
- Escenario: Escola Municipal de Equitación e Equinoterapia, nunha contorna natural
O Concello convida a veciños e visitantes a gozar destas actividades e coñecer de preto o traballo que se desenvolve no ámbito ecuestre no municipio.









