A Xunta de Galicia destina 60.000 euros á melloras na contorna do Monumento Natural da Pena Corneira, tal e como indicou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz durante a súa visita a este espazo, na qu estivo acompañada polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández. A representante da Consellería de Medio Ambiente camiño polo sendeiro habilitado que leva ata o mirador situado xunto a famosa pena, e dende o que pode observarse a paisaxe das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

Entre as actuacións que se levarán a cabo destaca o acondicionamento da senda que conecta a área de lecer, que se localiza na parroquia de Lamas, no concello de Leiro, co monumento natural. En concreto, actuarase en algo máis dun quilómetro deste roteiro rozando vexetación e eliminando polas e árbores que dificultaban o camiño. Tamén se acometerán traballos de reparación nas instalacións da aula da natureza como a reposición dos cercos de madeira de cinco fiestras do inmoble, a retirada do recubrimento de madeira deteriorada do teito e a limpeza e reparación dos canlóns e baixantes da mesma.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A maiores, a directora xeral explicou que tamén se actuará para mellorar e consolidar o desenvolvemento da masa de frondosas autóctonas presente na contorna de Pena Corneira. Deste xeito, acometeranse rozas manuais en zonas de difícil accesibilidade que afecten preferentemente a especies heliófilas por comprometer a viabilidade do arboredo ou a biodiversidade das especies de subsolo da masa de frondosas. Ademais, faranse desmestas, que incluirán a eliminación de pés de eucaliptos, acacias negras, mimosas e falsas acacias para favorecer o desenvolvemento das frondosas autóctonas.
Estes traballos serán cofinanciados a través do Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.
A Serra de Pena Corneira foi declarada monumento natural no ano 2007 e forma parte da Rede de Espazos Protexidos de Galicia, conformada por 97 enclaves. De feito, con 997 hectáreas de extensión, é o monumento natural de maior extensión da comunidade.
A importancia deste espazo radica na súa peculiar xeomorfoloxía, especialmente na diversidade da composición e cristalización dos granitos que provocou neste macizo, unha evolución da paisaxe caracterizada por formas rochosas. A serra conta cunha complexa asociación de formas xeolóxicas que teñen un interese especial pola singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos.








