O Concello do Irixo solicita á Confederación Hidrográfica a limpeza do cauce e ribeiras do río Viñao

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama, mantivo unha xuntanza co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, co obxectivo de conquerir avances en proxectos de mellora de infraestruturas que a entidade local considera son clave para o municipio.

Neste sentido, a rexedora considera prioritaria unha intervención no río Viñao, que consistiría na limpeza do cauce e das súas marxes, a fin de poder prever e evitar posibles desbordamentos nalgunhas zonas máis sensibles e así garantir a seguridade da veciñanza.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Dalama e Quiroga tamén abordaron a modernización de infraestruturas da rede de saneamento de augas residuais en varios núcleos do municipio, actuación que o Concello do Irixo considera fundamental para o coidado do medio ambiente e a calidade das aguas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, na reunión tratouse o arranxo dun paso peonil sobre un regato na localidade de Souto, na parroquia de Loureiro, unha demanda necesaria para que a veciñanza poida recuperar o acceso ás súas fincas de cultivo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------