A Consellería de Vivenda licitou por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana en Leiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por 210.000 euros a execución das obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 28 de abril. A través desta actuación, impulsada ao abeiro do Plan Hurbe, tratase de abordar a humanización desta rúa, situada no centro da trama urbana do núcleo de Leiro, así como da praza do mesmo nome que se atopa ao seu inicio.

Así, coa licitación destas obras, perséguese a mellora das prestacións deste viario, tanto na circulación rodada como peonil. Deste xeito, na intervención acometerase a repavimentación da rúa, que une a Casa Consistorial coa Biblioteca pasando a carón da Igrexa Nova, e tamén unha actuación na rede de saneamento, pluviais, así como a renovación do acabado das beirarrúas, abastecemento e a reparación do mobiliario urbano e substitución de luminarias.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado o pasado mes de marzo entre a Xunta,  e o Concello de Leiro.  A través deste convenio, o departamento que dirixe maría M. Allegue cofinanciará nun 70% a actuación, e contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello de Leiro achegará o 30% restante. 

Co Plan Hurbe, a Xunta colabora coas administracións locais no financiamento de diferentes tipos de intervencións urbanísticas e mellora de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------