Proxecto RE-HABITA RURAL LAB en Boborás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1. Mapeo de vivendas no municipio

Durante o mes de abril está a realizarse o mapeo de vivendas no concello de Boborás dentro do proxecto RE-HABITA RURAL LAB.
Persoal técnico pode verse tomando fotografías ou recollendo datos sobre o terreo. Este labor é totalmente normal e non constitúe unha inspección fiscal.

Obxectivos do mapeo:

  • Actualizar o rueiro e mellorar a información das vivendas.
  • Unificar a numeración das casas (actualmente existen diferenzas entre catastro, padrón, e servizos de luz ou teléfono).
  • Lograr que cada vivenda estea ben identificada para evitar confusións cotiás.

2. Asesoramento gratuíto para vivendas baleiras ou reformas

Se tes unha casa baleira ou necesitas facer reformas, o proxecto ofrece asesoramento gratuíto* especializado sobre:

  • Subvencións dispoñibles e como solicitalas.
  • Trámites necesarios (herdanzas, rexistro, licenzas…).
  • Opcións de rehabilitación da vivenda.

Próxima xornada presencial (cita previa obrigatoria):

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
DíaLuns 20 de abril
LugarCasa do Concello de Boborás
HorarioDe 15.30 a 20.00 h
Cita previaChamar ao 988 40 20 08*


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


3. Consultas telemáticas (sen desprazarse)

Alén das sesións presenciais, pódense realizar consultas de forma telemática:

  • Correo electrónico: eibisa@eibisa.es
  • Teléfono: 981 257 546
  • Horario telefónico: de luns a venres de 8.00 a 16.00 h

Desta forma, podes resolver dúbidas ou recibir asesoramento sen necesidade de desprazarche.


4. Próximas xornadas

Iranse anunciando progresivamente novas xornadas de asesoramento presencial.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------