Eladio Santos destaca a aposta do Goberno por Pazos de Arenteiro, cun investimento de 2,6 millóns de euros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destaca en Boborás o labor que fai o Goberno para fortalecer o patrimonio histórico e turístico da provincia de Ourense grazas aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD). O subdelegado, acompañado polo presidente da Deputación Provincial, Luis Menor, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, visitou hoxe as obras de dotación dun aparcadoiro disuasorio no núcleo de Pazos de Arenteiro, en Boborás, unha acción enmarcada no PSTD “Ourense colle velocidade, vilas históricas e termais”. 

Na visita, Eladio Santos explicou que o aparcadoiro disuasorio contribuirá á eliminación do tráfico contaminante do núcleo de Pazos de Arenteiro, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Esta actuación responde ao obxectivo dos PSTD de incorporar a sustentabilidade de maneira efectiva nos destinos, o que redundará de forma positiva na estética e na conservación deste conxunto histórico artístico”, indicou.

Nesta liña, o subdelegado enxalzou o destino “Ourense colle velocidade, vilas históricas e termais”, financiado con 1,5 millóns de euros da convocatoria de 2023 do Ministerio de Turismo, por ser exemplo dese avance do modelo turístico sostible polo que aposta o Goberno de España.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por iso, Eladio Santos agradeceu ao presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que a institución que preside se presentase á convocatoria do Programa Extraordinario de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, creado pola Secretaría de Estado de Turismo para apoiar a transformación dos destinos turísticos españois en polos de innovación turística, con fondos NextGeneration, no marco do PRTR. “A colaboración institucional e fundamental para o desenvolvemento de accións e políticas públicas útiles que beneficien ao territorio e á cidadanía”, remarcou.

O subdelegado lembrou que esta non é a única actuación que financia o Goberno en Pazos de Arenteiro, pois o Concello de Boborás está a executar as obras de mellora da competitividade do conxunto histórico de Pazos de Arenteiro, coa axuda de 2,6 millóns de euros concedida polo Ministerio de Industria e Turismo para BICs de uso turístico. “Unha aposta sen precedentes que suporá un revulsivo turístico para este núcleo rural tan singular e característico da provincia de Ourense”, sinalou.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------