Aprobouse onte no Consello da Xunta:
Trátase do treito antigo de 152 metros de lonxitude situado entre o punto quilométrico 0 e o 0+152, xunto co seu dominio público viario
— O cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia
— Correspóndenlle ao Concello, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación
O Consello da Xunta autorizou hoxe o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Maside do treito antigo da estrada N-541, xunto co seu dominio público viario, coincidente co tramo da rúa de Ourense (antiga N-541a).
Trátase concretamente do treito antigo da N-541, de 152 metros de lonxitude, localizado entre o punto quilométrico 0 e o 0+152, xunto co seu dominio público viario.
Esta transferencia dá cumprimento á colaboración co Concello de Maside, tras executar a Xunta as obras dunha senda peonil na rúa Ourense e na súa conexión coa avenida 25 de Xullo, nos concellos de Maside e do Carballiño.
A transferencia do citado treito da rúa Ourense a prol do Concello de Maside tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación mediante decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas como competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
O departamento de Infraestruturas da Xunta ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades provinciais e locais.
Co cambio de titularidade, o Concello de Maside terá a competencia para actuar neste treito da rúa Ourense, e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Plano do treito obxecto do cambio de titularidade autorizado hoxe



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS









