O festival internacional ‘Pórtico do Paraíso’ encherá de música a provincia do 8 ao 17 de maio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O ‘XIX Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso’ celebrarase en diferentes enclaves monumentais da provincia de Ourense entre os días 8 ao 17 do presente mes de maio, cos concertos de VANDALIA, do dúo Mariví Blasco-Álex Pernas, Alex Alguacil e Seikilos, que terán lugar, respectivamente, na Igrexa das Caldas, o Pazo de Vilamarín, Liceo de Ourense e no Mosteiro de Oseira. Ademais, o arpista Manuel Vilas ofrecerá unha orixinal conferencia sobre a presenza da arpa no cine clásico.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así, esta nova edición de ‘Pórtico no Paraíso’ abrirase o día 8, ás 20,30 horas, na Igrexa de Santiago das Caldas co prestixioso cuarteto vocal andaluz VANDALIA, interpretando un programa con obras de dous grandes polifonistas españois do século XVI, Guerrero e Bermúdez, que mostraron unha asombrosa capacidade para adaptar textos relixiosos a cancións inicialmente concebidas como profanas, dotándoas dunha frescura que non tiñan outros compositores da época. A entrada será libre e gratuíta.

No primeiro concerto da provincia, o Pazo de Vilamarín será o escenario elixido para desfrutar, o día 10 e dende as 19,00 horas, dunha das grandes voces da música antiga da península, Mariví Blasco, acompañada na guitarra barroca por Álex Pernas, facendo un programa titulado “Entre o xogo e o amor” que nos transporta á España do Siglo de Oro onde a música reflectía as paixóns humanas e o enxeño poético do momento.

No ecuador do Festival, a organización oferta unha orixinal conferencia titulada “Travelling para unha arpa”, onde o arpista Manuel Vilas abordará a presenza do arpa no cine clásico, unha actividade coorganizada conxuntamente co Cineclub Padre Feijóo. A cita, con entrada libre, será ás 20,00 horas na Casa da Cultura, ubicada no número 11 da rúa Concello da cidade.

O pianista Alex Alguacil, posuidor dunha gran traxectoria internacional e eloxiado pola crítica e a prensa especializada, actuará o día 14, ás 20,00 horas, no Liceo de Ourense cun programa con obras de Listz e Granadeiros. Este intérprete ofrecerá tamén un curso de interpretación no Conservatorio Profesional de música de Ourense na semana día anterior do seu concerto.

E chegamos ao concerto de clausura, previsto para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e que terá lugar novamente no impoñente Mosteiro de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. Nesta xoia arquitectónica, o Cuarteto Seikilos, un dos máis atractivos cuartetos de corda españois, propoñeranos, dende as 19,00 horas. un marabilloso programa con tres das máis grandes obras compostas para esta formación por tres compositores excepcionais: Turina, Ravel e Schubert.

O festival conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, Xacobeo 2027 e do Ministerio de Cultura, a través da Dirección General de Artes Escénicas y Música, ademais da colaboración e o apoio de diferentes entidades comerciais e dos Concellos de Vilamarín e San Cristovo de Cea.

As entradas para os concertos de Mariví Blasco, Alex Alguacil e o Cuarteto Seikilos están a venda a un prezo de 15 euros por recital, nas páxinas web https://www.eventbrite.es/e/1984507004873 e https://www.facebook.com/events/1464090505233828.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------