Luis Boyano presenta este sábado en Piñor o seu espectáculo de maxia e humor

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Cultural de Arenteiro, no municipio de Piñor, acollerá este vindeiro sábado, 9 de maio, unha actuación do gran ilusionista e humorista Luis Boyano, que ofrecerá o seu espectáculo “Maxia e humor”. A función terá lugar ás 20,00 horas con entrada de balde para tódolos públicos.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta actividade, organizada polo Concello de Piñor, ten a finalidade de ofrecer unha experiencia agradable e de moita risa e sorpresas para que sexa compartida pola veciñanza e as súas familias.

O espectáculo de Luis Boyano está incluído no catálogo de actuacións do ReaOU da Deputación Provincial de Ourense, un programa que está a desenvolver cos concellos co obxecto de cofinanciar e cooperar conxuntamente no fomento e difusión das artes escénicas e da música na provincia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------