O Concello de Maside vén de informar á veciñanza sobre os resultados do censo de emprazamentos con amianto realizado pola empresa Aquaourense en colaboración con Sisgal, e que consistíu nun mapeo da rede de abastecemento de auga e sanemento do municipio.
As conclusións deste traballo técnico revelan que a totalidade da rede está libre de tramos de canalizacións de fibrocemento, material prohibido na actualidade polo seu contido en amianto, sustancia química altamente tóxica para o ser humano.
Deste xeito, non existe ningún tipo de risco para a saúde da poboación, e así o pon en coñecemento o propio Concello para a tranquilidade das veciñas e veciños de Maside.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









