Arde parte dun camión de transporte de gando na estrada N-541, en Boborás, cando se dirixía a Forcarei

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un aviso ao través do 112 sobre o incendio dun camión na N-541 mobilizou, ao fío do mediodía de hoxe, a un equipo de bombeiros do Consorcio Carballiño-Ribeiro para acudir ao lugar do suceso, no que non houbo que lamentar danos persoais.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O incidente tivo lugar minutos antes das 12,00 horas no punto quilométrico 30 da estrada Ourense-Pontevedra, entre as localidades de Nogueira e O Regueiro, na subida ao Alto do Paraño, no municipio de Boborás. Por causas descoñecidas, o camión, dedicado ao transporte de gando pero que se dirixía baleiro de carga ao municipio de Forcarei, comezou a arder e os bombeiros lograron sofocar as lapas utilizando hidrante con espuma antes de que consumiran a plataforma posterior.

O concelleiro responsable da Agrupación de Protección Civil de Boborás, Avelino Prado, tamén desprazado ata o lugar, comentou que “o lume queimou as catro rodas de atrás do vehículo, pero os bombeiros conseguiron apagalo antes de que se estendera”, e o conductor do camión non resultou ferido ao detelo no arcén e poder saír sen problemas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------