O home detido no Carballiño tras a caída da súa parella desde un balcón quedou en liberdade sen medidas cautelares

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os feitos tiveron lugar na madrugada do martes 5 de maio, cando unha muller duns 40 anos caeu ao baleiro desde un terceiro piso da rúa Curros Enríquez.

A Garda Civil detivo o home despois de ser sinalado inicialmente pola vítima, pero o mozo peruano de 26 anos foi deixado en liberdade tras pasar á disposición xudicial.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xuíza de Violencia sobre a Muller decretou a súa posta en liberdade ante a existencia de «probas da imposibilidade» de que fose o autor, talles como testemuñas e unha gravación que o sitúan fóra da vivenda no momento da caída.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A muller, que está consciente e estable aínda que con lesións graves, continúa ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e non se teme pola súa vida.

Aínda que o detido xa non está en prisión nin pesan sobre el medidas cautelares, a causa penal segue aberta á espera de que a vítima preste declaración. As primeiras pescudas indican que todo apunta a unha caída accidental tras unha discusión previa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------