O vindeiro mércores, 13 de maio, comezará na Arnoia a novena na honra de Santa Rita de Casia, patrona dos imposibles e avogada das causas urxentes, e que se prolongará ata o día 21, tendo lugar os oficios relixiosos na igrexa parroquial de San Salvador, tódolos días áss 20,00 horas.
E o mesmo día da festividade de Santa Rita, o venres 22 de maio, haberá misas a las 8,00, 9,00, 10,00, 11,00h, 11,45 e 18,00 horas, na mesma igrexa parroquial. Para as 12,30 horas está programada a procesión coa imaxe da santa, e, ao seu remate, o bispo da Diócese de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, presidirá unha misa solemne.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A historia cóntanos que a devoción a Santa Rita na Arnoia xurde no ano 1931, grazas a un veciño que, tras sufrir un grave accidente, considerouse curado pola intercesión da santa. Este devoto adquiríu a imaxe da Santa Rita e encargouse de organizar os festexos durante os primeiros anos nos que se celebraron na localidade.









