Medio Rural destina 115.000 euros a un novo pasteiro de oito hectáreas para a alimentación do gando en Beariz

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, acompañado do tenente de alcalde de Beariz, Tomás Sancho, visitou hoxe este municipio da comarca carballiñesa, onde se executou un novo pasteiro no monte veciñal en man común de Framia, cun investimento de preto de 115.000 euros.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasteiro abrangue unha superficie de 8,26 hectáreas hectáreas, nas que se realizaron traballos de roza, pase de grada pesada, abonado e sementado, entre outros labores. A maiores, colocáronse peches perimetrais de 1.400 metros. A súa execución está destinada para a alimentación de gando bovino existente na zona.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O director destacou que este tipo de actuacións son fundamentais para o desenvolvemento rural e redundan de xeito moi positivo na conservación da biodiversidade e nos ecosistemas agroforestais, contribuíndo, ademais, á prevención de incendios forestais a través dunha actividade como é a gandaría en extensivo.

A creación deste pasteiro en Cerdedo Cotobade enmárcase dentro do Plan de Pastos de Galicia, que dende o ano 2020 permitiu a mobilización de preto de 2.500 hectáreas en 106 pasteiros, cun investimento de case 15 millóns de euros.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------