López Campos visitou o Mosteiro de Oseira e anunciou melloras nas infraestruturas cara o ‘Xacobeo 2027’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, abordou hoxe co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, posibles colaboracións con este concello da comarca do Carballiño en materia de programación e mellora das infraestruturas culturais e tamén patrimoniais de cara á preparación do Xacobeo 2027, tendo en conta o interese que esperta esta localidade atravesada pola  Vía da Prata do Camiño de Santiago e berce do Mosteiro de Oseira.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Precisamente, o representante de Cultura do Goberno galego enmarcou esta visita na “mostra  do total compromiso e cooperación do Executivo autonómico coas administracións locais de todo o territorio”. Así mesmo, López Campos tirou proveito deste encontro para visitar este Ben de Interese Cultural, “no que a Xunta ten investido preto de 1,5 millóns de euros nos últimos anos en actuacións de restauración, conservación e posta en valor dun prodixio arquitectónico do estilo cisterciense“, salientou.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por outro lado, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude tamén destacou o apoio na preservación doutros bens patrimoniais da localidade, como a igrexa parroquial, “á que temos destinado máis de 17.000 euros na súa rehabilitación”. Neste senso, erixiu estas accións como “exemplo do compromiso no coidado e protección que leva a cabo o Executivo autonómico cos nosos bens senlleiros, independentemente do seu tamaño e por todo o territorio”, aseverou, ao tempo que inxeriu o patrimonio como un valor que “xunto á paisaxe, gastronomía e creatividade e talento conforman a nosa Galicia Calidade”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------