Publicado no BOP
BASES E A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE CINCO POSTOS DE PEÓN/PEOA FORESTAL POR CONCURSO-OPOSICIÓN
Unha vez aprobadas por Resolución da Alcaldía do 12 de maio de 2026 as bases e a convocatoria para a selección de cinco postos de peón/peoa forestal por concurso-oposición para cubrir as prazas subvencionadas pola Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento:
Rural Activo, e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026 (código de procedemento TR351G) (DOG nº 24, do 5 de febreiro de 2026), ábrese o prazo de presentación de solicitudes ás persoas preseleccionadas pola Oficina de Emprego do Carballiño, conforme o disposto no artigo 14, apartados 1 e 4 da devandita orde, que será de 3 días hábiles contados desde o día seguinte á
publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As citadas bases atópanse publicadas na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente ou un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.
Piñor, na data da sinatura electrónica. O alcalde.
Asdo.: José Luís González Rodríguez.









