O alcalde de Castrelo de Miño recibe ao campión galego de wingfoil Nicolás Blanco

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alcalde do Concello de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, recibiu oficialmente a Nicolás Blanco, recentemente proclamado Campión Galego de Wingfoil, nun acto celebrado na Casa do Concello.

Durante a recepción, Nicolás Blanco estivo acompañado por Beatriz Alberte, presidenta do Club Náutico Castrelo de Miño, entidade da que forma parte e desde a que desenvolve a súa actividade deportiva.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alcalde destacou o orgullo que supón para todo o municipio contar con deportistas que levan o nome de Castrelo de Miño ao máis alto nivel, representando os valores do esforzo, o talento, a constancia e o compromiso co deporte.

No encontro púxose tamén en valor a traxectoria deportiva de Nicolás Blanco, así como a súa calidade humana, sendo recoñecido como un exemplo para a mocidade e para toda a veciñanza.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Desde o Concello trasladóuselle a súa felicitación por este importante éxito deportivo, desexándolle novos triunfos no futuro e reiterando o compromiso da institución municipal co apoio ao deporte e ás persoas que representan con orgullo a nosa terra.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------