O BNG organiza o vindeiro sábado no Carballiño o acto “A ofensiva imperialista” coa participación de Duarte Correa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG celebrará proximamente no Carballiño o acto aberto ao público “A ofensiva imperialista”, unha conferencia-coloquio que contará coa participación do recoñecido experto en xeopolítica, Duarte Correa, para analizar a actual situación internacional e as súas consecuencias políticas, económicas e sociais. A presentación do acto correrá a cargo de Manuel Caíña, secretario do consello local, quen será o encargado de dar a benvida ás persoas asistentes e introducir os contidos da xornada.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A iniciativa pretende ofrecer un espazo de reflexión e debate sobre os principais conflitos e retos globais, as relacións de dependencia entre os territorios, as formas modernas de imperialismo, entre outras cuestións, achegando perspectivas e informacións que con frecuencia reciben unha atención limitada nos medios de comunicación convencionais.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


No contexto deste acto abordaranse cuestións relacionadas coa paz, a soberanía dos pobos, os dereitos sociais e o crecente incremento do gasto militar, así como o impacto que estas políticas teñen sobre servizos públicos fundamentais como a sanidade, a educación ou a vivenda.

O BNG anima á cidadanía a participar nesta actividade, que busca contribuír á formación dunha opinión pública crítica e informada sobre a realidade internacional.

O acto terá lugar no local do BNG do Carballiño, sito nas Galerías Magariños, (nas escaleiras da praza de abastos), o vindeiro sábado, 6 de Xuño, ás 19,00 horas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------