A Queixeira acolle este sábado a 6ª edición do festival folclórico ‘Serán D’Arnoia’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A paraxe natural de A Queixeira acollerá este vindeiro sábado, 6 de xuño, a sexta edición do “Serán D’Arnoia”, organizado polo grupo de gaitas e danzas Airiños de Arnoia e no que se reunirá un bó fato de agrupacións folclóricas da provincia de Ourense.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O evento comezará ás 19,00 horas como ‘Miniserán’ e terá continuidade unha hora máis tarde co programa do ‘Serán’, no que está prevista a participación de Fuscalla IES O Ribeiro, Pandereteiras Celavella, Velaí Vai, Banda de Gaitas do Carballiño, Faíscas-Lumieira, Banda de Gaitas de Celanova, O Castriño de Rebordechán, Castreliñas, Porfinfoi da A.C. Rebulir, Ozocoreteiras, Ferreñas do Ribeiro, Rebulideiras da A.C. Rebulir, Feitizo de Pau e Biruxes.

A organización anuncia a celebración de sorteos e a instalación dunha pulpeira no recinto da Queixeira.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------