Tes unha vivenda no rural e queres rehabilitala, poñela en valor, regularizala ou mesmo valorar a súa venda ou alugueiro?
Queres poñer en orde a documentación da casa e non sabes por onde empezar?
O vindeiro luns, 15 de xuño, haberá unha nova xornada presencial de asesoramento do proxecto RE-HABITA RURAL LAB en Boborás.
Poderás informarte sobre:
— Axudas públicas dispoñibles.
— Trámites e preparación de documentación.
— Rexistro, Catastro, herdanzas, licenzas ou regularización de datos.
— Posibilidades para vivenda propia, alugueiro, venda ou outros usos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Cando? Luns, 15 de xuño
Horario: de 15:30 a 20:00 h
Onde: Casa do Concello de Boborás
Cita previa obrigatoria:
988 402 008
Ademais, tamén podes facer consultas de forma telemática:
Correo electrónico: eibisa@eibisa.es
Teléfono: 981 257 546
Horario: de luns a venres, de 8:00 a 16:00 h









