Ribadavia acolleu esta mañá o acto de posta en marcha do obradoiro de emprego ‘Territorio Avia-Miño 2’, un proxecto formativo que se desenvolverá durante os vindeiros nove meses grazas á colaboración do propio Concello de Ribadavia cos municipios veciños de Carballeda de Avia e Castrelo de Miño.
O obradoiro conta cun total de 20 alumnos e alumnas participantes e inclúe dous módulos formativos da especialidade forestal, combinando formación teórica e práctica co obxectivo de mellorar a cualificación profesional e favorecer a inserción laboral do alumnado. Este programa dispón dun orzamento de 459.052 euros, destinado á formación e contratación das persoas participantes, así como á execución dos traballos previstos ao longo do seu desenvolvemento.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Durante o acto de apertura, destacouse a importancia da cooperación entre os tres concellos para impulsar iniciativas que contribúan á creación de emprego e inserción no mercado laboral, o fomento da formación e ao desenvolvemento do territorio, ao tempo que se aproveitan estas ensinanzas para deixar unha pegada positiva no territorio e ademais de grande importancia, como son as tarefas forestais.









