Criticas da oposición de Leiro a presentacion da carreira popular

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A OPOSICIÓN DE LEIRO DENUNCIA O “ESTILO CACIQUIL” E A “FALTA TOTAL DE TRANSPARENCIA” DO GOBERNO LOCAL NA PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • ​Os concelleiros da oposición acusan ao Concelleiro de Deportes de ocultar deliberadamente a presentación oficial do evento deportivo máis importante do municipio.
  • ​Pedro José González: “O Concello non é o cortizo privado de ninguén, representamos a unha parte moi importante da veciñanza que hoxe foi ninguneada pola soberbia do goberno”.

​Leiro, 19 de xuño de 2026. – Os concelleiros da oposición no Concello de Leiro denunciaron publicamente o “escurantismo” e a “absoluta falta de respecto institucional” por parte do grupo de goberno e, especificamente, do Concelleiro de Deportes, tras ser excluídos e non ser informados da presentación oficial da 42ª edición da Carreira Popular de Leiro, celebrada hoxe no consistorio.

​Os representantes da oposición cualificaron de “intolerable” que os membros da corporación municipal teñan que decatarse dos actos oficiais do propio Concello a través das redes sociais. Para a oposición, esta actitude non é un feito illado, senón unha mostra máis dun xeito de facer política baseado no sectarismo, no amiguismo e na patrimonialización das institutiones públicas que pagamos entre todos.

​”O Concello non é un cortizo”

​O concelleiro Pedro José González González amosouse tallante ante este novo atranco á labor da oposición: “A Carreira Popular é un evento histórico que pertence a todos os veciños e veciñas de Leiro, non ás siglas dun partido nin ao interese dun concelleiro en concreto. Deixar fóra á oposición é un desprezo á representatividade democrática do noso pobo, xa que ao intentar invisibilizarnos a nós, o que fan realmente é darlle as costas a unha parte fundamental da veciñanza de Leiro que nos elixiu para esixir claridade, igualdade e respecto”.

​González engadiu coa máxima contundencia que “esta xentiña pensa que o Concello é o seu cortizo particular. Bloquear a información e esconder os actos institucionais só demostra que o goberno confunde a maioría absoluta coa propiedade privada do pobo”.

​Un historial de atrancos á transparencia e ao respecto veciñal

​Desde a oposición, encabezada polos concelleiros Manuel Rodríguez e Pedro José González, lembran que este episodio se suma a unha longa e preocupante lista de dificuldades para acceder á información municipal e exercer o labor de fiscalización diario. “Presumen de transparencia cara a fóra, pero de portas para dentro aplican o rodillo e prefiren gobernar ás agachadas, de costas á realidade do municipio e á representación lexítima dos cidadáns”, sinalan os representantes.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


​Para os concelleiros, un evento deportivo desta magnitude, que require o esforzo de patrocinadores, voluntarios e do propio persoal municipal, non debería ser utilizado como un escaparate propagandístico exclusivo do grupo de goberno.

​Reclamación de educación institucional e claridade

​O grupo da oposición esixe unha rectificación pública inmediata por parte do responsable de Deportes. Así mesmo, esixen o compromiso firme de que se informe á oposición de xeito claro, por escrito e coa antelación necesaria, respectando aos veciños que representamos e deixando atrás dunha vez por todas o escurantismo de sempre. “Gobernar para todos significa escoitar e incluír, non esconderse nin poñer trabas a quen ten a obriga de controlar o diñeiro público”, conclúen.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------