1. OBXECTO DA ACTUACIÓN
O Excmo. Concello de Maside ten previsto executar a renovación integral dos vasos e a impermeabilización das piscinas municipais situadas no espazo da Rañoá. A actuación enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026 (CooperOU).
2. SITUACIÓN ACTUAL E XUSTIFICACIÓN
As piscinas da Rañoá, que contan con dous vasos (un para adultos e outro infantil), atópanse nun estado de deterioración avanzada como consecuencia do uso continuado nos últimos anos.
Principais deficiencias detectadas:
- Fisuras na estrutura
- Desprendemento do acabado superficial (perda de azulexos)
- Perdas de auga por falta de estanqueidad
- Posible risco estrutural se non se intervén
Estas instalacións, que funcionan como piscina ao aire libre durante os meses de verán (de xuño a setembro), requiren unha intervención urxente para garantir a súa seguridade e funcionalidade.
3. SOLUCIÓN TÉCNICA ADOPTADA
A solución proxectada contempla a impermeabilización completa dos dous vasos mediante a aplicación de poliurea pura bicomponente en quente, un sistema de alta durabilidade e resistencia.
Actuacións previstas:
- Demolición do actual bordo de piscina (51,74 m²)
- Preparación do soporte (427,06 m²): limpeza, saneado e reparación de fisuras con resinas epoxi
- Impermeabilización (427,06 m²) mediante sistema de poliurea en tres capas:
- Capa de imprimación epoxi bicomponente
- Membrana de poliurea pura bicomponente (proxección en quente)
- Capa de selaxe con poliurea alifática de cor azul, antiescorregadiza
- Execución de novo bordo con pezas prefabricadas de formigón antiescorregadizos (51,74 m²)
- Restauración ambiental da zona de provisión
- Xestión de residuos: retirada e transporte a entulleira autorizada de 23,40 m³ de residuos de construción
4. DATOS BÁSICOS DA OBRA*
| Concepto | Dato |
|---|---|
| Nº de vasos | 2 unidades |
| Superficie de impermeabilización | 427,06 m² |
| Demolición de bordos | 51,74 m² |
| Novo bordo (grande) | 75,76 m |
| Novo bordo (pequena) | 29,12 m |
| Prazo de execución | 1 mes |
5. ORZAMENTO E FINANCIAMENTO
- Orzamento basee de licitación (sen IVE): 39.669,42 €
- Orzamento basee de licitación (con IVE): 48.000,00 €
- Achega da Deputación de Ourense (CooperOU): 38.000,00 €
- Achega do Concello de Maside: 10.000,00 €
- Clasificación do contratista: Non se require
6. REDACTOR DO PROXECTO
Demetrio Espinosa Mangana – Ingeniero Técnico en M.A. e Construcións Rurais. Data de redacción: xuño de 2026.
Esta nota informativa foi elaborada a partir da documentación técnica do proxecto “Renovación integral dos vasos e impermeabilización das piscinas da Rañoá”.









