O Concello de Cea asegura que o pavillón de deportes reúne as condicións axeitadas para albergar peregrinos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de San Cristovo de Cea quixo aclarar o sucedido o martes pasado cun grupo de 18 peregrinos que, grazas á intervención dos axentes da Oficina Móvil de Atención al Peregrino (OMAP) da Comandancia da Garda Civil de Ourense, puideron ser aloxados no albergue do Mosteiro de Oseira tras comprobar que o pavillón polideportivo de Cea non reunía as condicións axeitadas, según informaron fontes da propia Benemérita. Este grupo de persoas, procedentes de Xetafe (Madrid) foran derivadas ás instalacións deportivas ao estar totalmente ocupado o albergue de Cea.

Dende o Concello apuntan que “o albergue de San Cristovo de Cea (o de máis ocupación da Vía da Prata en Galicia, xunto cos de A Gudiña e A Laxe), tiña na data que se ralata unha ocupación de 28 peregrinos, e a mediodia chega a Cea un grupo de 18 mais, que lóxicamente (o albergue ten 41 + 1 plazas) non collen na instalación”.

As mesmas fontes municipais engaden que “a este grupo ofrecenselle dúas alternativas, aloxarse en Oseira (a 8,8 kms) no albergue público, ou ben pasar a noite non pavillón de deportes. E como o seu nome indica, unha instalación indicada para a práctica deportiva, que se habilita no verán para acoller grupos de peregrinos que non collen no albergue. Unha instalación pola que recibimos todo tipo de parabéns, pola súa limpeza, pola súa amplitude (poden ducharse 26 persoas a vez, ten acollido a grupos de 700 persoas), e pola atención impecable dos encargados”.

“Ese grupo, tras un dia de calor , e sinalando cansancio, deciden quedar no pavillón en Cea (tras comprobar que era un pavillón de deportes). Horas despois o relato cambia, e deciden, no se dereito están, de ir a Oseira ao albergue, que, aproveitamos para decir, tamén dispón dunhas instalacións de luxo”, subliñan dende o Concello. “Dicir que o Pavillón de Cea non dispón das condicións para pernoctar é falso, como falso é que non ten condicións para o aseo, con 6 vestiarios, 26 duchas ademais de ampla zona de servizos”, conclúen.

E finalmente, aportan o dato de que, “desde xuño, 649 peregrinos durmiron no pavillón (ao ser grupos que non collen no albergue), de procedencia de toda a península; o día 9 de agosto recibimos a 80 e o 10 de agosto a 33”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------