O alcalde de Avión deu a coñecer nas súas redes sociais que o Concello continúa coa súa aposta pola mellora e modernización das instalacións deportivas municipais. Despois das actuacións que se están a desenvolver no Complexo Deportivo do Sifón, as novas intervencións realizaranse no Pavillón Municipal de Avión e no ximnasio da Piscina Municipal, co obxectivo de mellorar o seu estado, funcionalidade e equipamento.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Complexo Deportivo da Piscina Municipal
- Impermeabilización da cuberta para solucionar os problemas de filtracións.
- Incorporación de novo equipamento deportivo para o ximnasio municipal.
Pavillón Municipal de Avión
- Impermeabilización da cuberta e substitución do canalón deteriorado.
- Mellora dos remates da cuberta para evitar filtracións e danos na fachada.
- Retirada e substitución das cubertas de fibrocemento con amianto das construcións auxiliares.
- Renovación de portas e carpinterías deterioradas.
- Reparación dos asentos do graderío.
- Reparación do letreiro exterior.
- Incorporación de novo material deportivo.
- Mellora dos elementos destinados á organización e almacenamento dos accesorios deportivos.
O prazo de execución previsto é de 3 meses.
Con estas actuacións, o Concello de Avión segue avanzando na mellora dos espazos públicos e deportivos do municipio, co fin de ofrecer á veciñanza instalacións máis seguras, modernas, cómodas e funcionais.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









