O Concello de Avión segue mellorando o Complexo Deportivo da Piscina

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Avión informa de que, despois de rematar a construción da segunda pista de pádel, continúa avanzando na mellora deste espazo coa realización dunha nova pista multideportiva.

Esta nova actuación permite seguir ampliando e mellorando as instalacións deportivas municipais, poñendo á disposición da veciñanza máis espazos para a práctica deportiva e o lecer.

Desde o Concello de Avión continúase traballando e investindo na mellora dos servizos e instalacións públicas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------