A cabeza de lista do BNG por Ourense chama por primeira vez ao voto no inicio de campaña electoral acompañada de simpatizantes e militantes
“Non temos o prime time da televisión pero temos unha militancia extraordinaria que vai dar o mellor de si” di
Asegura que “estamos ante unha oportunidade sen precedentes” e chama a rachar con 40 anos de bipartidismo estéril
Ourense, 13 novembro 2026. “Para que Ourense teña de verdade unha voz en Madrid que defenda os seus intereses e consiga melloras para as e os ourensáns, vota BNG” comeza a cabeza de lista do BNG ao Congreso. Noa Presas aproveitou a tradicional apertura de campaña no Parque de San Lázaro da cidade para avanzar que o BNG “sae a por todas e fará historia este 29N conseguindo o primeiro escano do BNG por Ourense” e asegurou que “non hai que escoller entre mal maior ou mal menor porque está o BNG”.
“Nestas eleccións xogámonos o futuro, xogámonos o futuro de Ourense e as maiorías sociais. Por iso, desde o BNG saímos a por todas e imos deixarnos a pel nesta campaña electoral para facer historia co primeiro escano nacionalista por Ourense” subliñou a cabeza de lista do BNG por Ourense. Ademais, incidiu en que o BNG está no seu mellor momento “ante unha oportunidade sen precedentes” para rachar con máis de 40 anos de bipartidismo estéril.
Durante a tradicional pegada de carteis, Noa Presas afirmou que o BNG “non ten o prime time da televisión” pero o que si ten “é unha militancia extraordinaria que vai dar o mellor de si” durante estes quince días.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“É o momento de dar o salto” afirmou Presas, que chamou a “romper todas as enquisas” votando BNG o vindeiro 29N “para que Ourense teña de verdade unha voz en Madrid que defenda os seus intereses e consiga melloras para os e as ourensás”.
Presas entende que “hai xente decepcionada” pero erixe o BNG como o voto que “non decepcionará” porque “o útil é ir a Madrid para facer valer Galiza, non para obedecer”. En Ourense, continuou, “non hai que escoller entre o mal maior ou o mal menor. Nestas eleccións hai en quen confiar: está o BNG”.

















