Luis Menor reclama na Rúa avances na A-76 e chama a concentrar o voto no PP para levar a Feijóo á Moncloa

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

·        O presidente do PP de Ourense reprochou ao Goberno de Pedro Sánchez a falta de avances na autovía e o estado da N-120, dúas vias fundamentais para Valdeorras

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

·        A cabeza de lista dos populares para o Congreso, Ana Belén Vázquez, sitúa a mellora das comunicacións e dos servizos públicos entre as prioridades de Ourense para a próxima lexislatura

·        O cabeza de lista dos populares para o Senado, Miguel Santalices, garantiu ante a Asociación de Viúvas María Andrea que Goberno de Feijóo realizará “o incremento das pensións acorde ao IPC real, ao custe da vida real”

·        Na cidade, o PP defendeu en Outariz a incorporación do termalismo á carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e presentou no Coouto as súas propostas sobre emprego, integración, retorno e emprendemento

A Rúa, 18 de novembro de 2026. O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, reclamou esta tarde na Rúa avances na autovía A-76 e melloras na N-120, e chamou a concentrar o voto no PP o próximo 29 de novembro para levar a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa. Menor compartiu o mitin coa cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Ana Belén Vázquez, e co director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Menor reprochou ao Goberno de Pedro Sánchez a falta de avances na autovía entre Ponferrada e Ourense e cuestionou o mantemento da N-120. “Cantos quilómetros da autovía A-76 fixeron? Non licitaron nin un só metro, condenando a esta comarca a unhas comunicacións indignas para o seu peso económico e para a veciñanza”, afirmou.

O presidente provincial asegurou que o PP de Ourense seguirá defendendo as demandas da provincia se Feijóo chega á presidencia do Goberno. “A ninguén lle imos deixar a bandeira da reivindicación. Con Feijóo na Moncloa seguirá sendo así. Imos defender Ourense con lealdade, si, pero tamén con esixencia”, sinalou.

Menor advertiu de que “aquí non hai nada gañado” e pediu á militancia da Rúa que se implique na mobilización de cara ao 29N. “Ourense nunca lle fallou a Feijóo. E agora tampouco lle vai fallar”, engadiu.

Ana Belén Vázquez levará ao Congreso as demandas de Ourense

A cabeza de lista do PP de Ourense ao Congreso, Ana Belén Vázquez, participou no mitin da Rúa, onde o PP situou a mellora das comunicacións, o reforzo dos servizos públicos e un financiamento que teña en conta as necesidades do rural entre as prioridades da candidatura para a próxima lexislatura. E enmarcou estas reivindicacións “no compromiso de situar a vivenda, o emprego, os servizos públicos e as infraestruturas no centro da acción do Goberno”.

Pola súa banda, Xosé Merelles defendeu a escoita á cidadanía e a cooperación entre administracións. Salientou a boa sintonía entre a Xunta e a Deputación de Ourense e lembrou que o Goberno galego investiu máis de tres millóns de euros en turismo en Valdeorras nun ano. Segundo apuntou, Valdeorras foi a comarca que máis medrou turisticamente o pasado verán. Merelles defendeu que un Goberno do PP en Madrid permitiría estender esa colaboración á Administración do Estado.

Termalismo en Outariz e propostas de emprego e retorno no Couto

Na cidade de Ourense, os candidatos ao Congreso, Ana Belén Vázquez e Roberto González, e a candidata ao Senado, Rosa Sánchez Gándara, reuníronse con expertos do sector termal en Outariz. Ambos trasladaron o compromiso de Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia e candidato ao Senado, de impulsar desde a Cámara Alta a incorporación do termalismo á carteira común de servizos do Sistema Nacional de Saúde.

“Queremos que o termalismo sexa recoñecido polo seu valor sanitario e que os seus beneficios poidan chegar a máis persoas”, sinalaron os candidatos. González e Sánchez Gándara destacaron tamén a capacidade das termas para atraer visitantes, dinamizar a hostalaría e o comercio local e xerar emprego.

O PP garante o mantemento e aumento real das pensións

Nunha reunión coa Asociación de Viúvas María Andrea, o cabeza de lista dos populares ao Senado, Miguel Santalices, garantiu que o Goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo “incrementará as pensións acorde ao IPC real, acordeo ao custe real da vida”, reiterando a necesidade de “non facer caso dos bulos e noticias malintencionadas que pretenden meter medo ás persoas pensionistas”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Acompañamento ás persoas migrantes

No Couto, o secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, e Rosa Sánchez Gándara participaron nun encontro na asociación veciñal do barrio centrado no emprego, na integración social e laboral e no emprendemento. Entre as propostas abordadas figuraron a formación en competencias dixitais e intelixencia artificial, o acompañamento ás persoas que chegan a Galicia e as medidas para facilitar o retorno e a incorporación laboral dos galegos do exterior.

No ámbito do emprendemento, o PP expuxo a súa proposta de suprimir a cota de autónomos durante o primeiro ano de actividade e ampliar a medida ao segundo para quen non alcance o salario mínimo. Tamén se abordaron a simplificación dos trámites e as bonificacións para facilitar as primeiras contratacións nos pequenos negocios.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------